COMPOÑENTES

Juan J. Vázquez.


Socio fundador da Agrupación Teatral Mariñán en 1994.

Presidente, ideólogo, "alma mater" e director (cando lle deixan) de todos os espectáculos. Colaborador na lectura, adaptación e preparación das obras que Mariñán pon en escena.


As súas frases célebres son: "¡¡Quedan 3 ensaios!!" e "Ao público hai que darlle o que hai que darlle".

 

Inés Valiño.

Membro da ATM dende 1995.

Secretaria da asociación e directora (cando lle deixan). Colaboradora na lectura, selección e adaptación das obras.

"Din que son un pouco tiquilismiquis... pero tamén, que son como a rede dun trapecista".

 
 Sara Zabalza.


Membro da ATM dende 1997.


Vicepresidenta e directora (cando lle deixan). Colaboradora na selección e adaptación das obras. Verdadeiro termómetro do grupo: unha soa gargallada súa, e xa sabemos se unha escena será o non un éxito.


A súa gran frase é "A min o teatro pouco me gusta... o que me gusta é subirme aí e facer o mono!".


 
Nancy Verde.

Membro da ATM dende 2016.

Técnico de luces e son.
Representante da ATM sempre que é necesario.


A súa frase célebre é "Creo que non nos estamos entendendo!".





COLABORADORES.
 
José Luis Mañana.

Colaborador co departamento de I+D+i dende 2008.
Membro da ATM de 2008 a 2019, o seu contacto previo co mundo do espectáculo o aporta o seu longo currículo de monólogos co seudónimo de Jose Luis "O de Uxes", e actuacións musicais co grupo "Os Fillos do Estramonio". Actualmente forma parte do elenco humorístico da TVG baixo o seudónimo de "Pepe Capelán".
"Agradezo a oportunidade que me brinda a ATM para demostrar que son algo máis que unha cara bonita... non quero encasillarme".




Silvia Zabalza.


Deseñadora gráfica.

Dende 2009 colabora coa Agrupación Teatral Mariñán deseñando os carteles e dípticos dos seus espectáculos e do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos.