HISTORIA


Agrupación Teatral Mariñán (ATM), nome longo, rimbombante, coma doutra época, parece referirse incluso a unha compañía subvencionada polas altas instancias, e o que agocha en realidade é un grupo de teatro afeccionado composto actualmente por 2 actrices, 1 actor e 1 técnico.

Durante moitos anos a nosa política de representacións parecía contraria á de calquera grupo de teatro ao uso: traballábamos para representar casi exclusivamente en Betanzos. Éramos fieles a un público fiel, que sempre que chamábamos, enchía a sala. A partir de 2008 este costume cambiou para pasar a levar cada un dos nosos espectáculos a diferentes concellos da xeografía galega: Sada, Arteixo, Coruña, Ferrol, Poio, O Carballiño,… así como a estar abertos a viaxes fóra de Galicia, como a nosa experiencia no Certame Nacional de Teatro de Benavente. Todo isto sen esquecer ao noso público de Betanzos, para o cal organizamos tódolos febreiros dende 2010, e grazas á colaboración co Concello de Betanzos, un Encontro de Teatro Afeccionado.

A nómina de autores representados durante estes anos pola ATM non é pequena. Entre os máis cercanos contamos no noso currículo con: Xulio Cuns, Eduardo Blanco Amor, Euloxio Ruibal ou Manuel Lourenzo. Dos nacionais representamos a Alejandro Casona, Enrique Jardiel Poncela, Chicho Ibáñez Serrador, García Lorca, Carlos Arniches, os irmáns Álvarez Quintero, Fernando Arrabal, José Luis Alonso de Santos ou Paco Mir. E entre os estranxeiros: o Nóbel italiano Darío Fo, August Strindberg, Woody Allen ou Jorge Díaz. Todo isto, por suposto, sen esquecer ao noso querido autor de cabeceira nos últimos anos: o gran Angelo T. Malone.

Na nosa traxectoria abarcamos, ademáis, outro tipo de actividades como: vídeos promocionais, documentais, ficcións radiofónicas, recitado de poemas, monólogos e participacións en semanas culturais escolares.

Para entender o nacemento da ATM habería que remontarse á paciente labor de Daniel Martínez, profesor de literatura española que dende o ano 1987 no que chegou a Betanzos, impartiu clase e contaxiou o entusiasmo teatral. Despois de crear un grupo de teatro escolar chamado Avelaíña e o Colectivo Rapsodas, ideou xunto a Xulio Cuns en 1994 a Agrupación Teatral Mariñán como solución para que continuasen ligados ao teatro o alumnado que cursaba esta asignatura no Instituto de Bachillerato Francisco Aguiar de Betanzos. No 2003 colle a dirección Juan J. Vázquez, e no 2008 é cando se produce un forte cambio no que o actual elenco formado por 4 compoñentes cobra estabilidade, o que conleva unha evolución na forma de actuar e na propia dirección, selección e creación de obras. Este novo formato e a boa sintonía entre membros, refórzase coa chegada dos primeiros premios e recoñecementos de diferentes certames de toda Galicia.

E dende entón ata hoxe, levando a vista atrás, atopamos apuntes soltos do noso caderno de bitácora que nos definen, datos obxectivos sacados de tantos dípticos impresos que nos dan a verdadeira medida do que somos e do que fixemos ata aquí, simples recordos que nos levan a admirarnos do atrevimento que tivemos para enfrontarnos a determinadas obras e, sobre todo, do moito que logramos con tan poucos medios.

Dende que os doce “socios fundadores” comezaron todo en abril de 1994, desfilaron por este grupo máis de 50 actores e actrices cos seus nomes e apelidos:

Abril de 1994
1 Daniel Martínez. 2 Xulio Cuns. 3 Inma Lorenzo. 4 Juan J. Vázquez. 5 Julio Pérez. 6 Emma Couceiro.
7 Esther Folla. 8 Isabel Maceiras. 9 Natalia Vecino. 10 Maxi Rey. 11 Miguel Balea.12 María G. Costoya.

Febreiro de 1995.
13 Iago Santás. 14 Lorena Otero. 15 Loreto López.

Abril de 1995.
16 Inés Valiño. 17 María Velasco.

Maio de 1995.
18 María Fernández. 19 Mercedes Martínez. 20 Paula Blanco. 21 Marta Rapado.

Decembro de 1995.
22 Lidia Bretón. 23 Vanessa Bretón. 24 Ánxela Seoane.

Maio de 1996.
25 Ramón Roel. 26 David Noya. 27 Patricia Pena. 28 Clara García. 29 Iván López.

Abril de 1998.
30 Francisco García. 31 Lúa Clara Bretón.

Xaneiro de 1999.
32. Raquel Freire

Maio de 1999.
33. Sara Zabalza. 34 Javier Cordal.

Novembro de 1999.
35 Francisco Miguel Díaz. 36 Inés Naya. 37 Iago López. 38 Vanessa Lagares. 39 Marta de la Fuente.

Novembro de 2000.
40 Constantino Chao.

Xuño de 2001.
41 Laura Fragua. 42 Francisco Dopico.

Maio de 2002.
43 J. Carlos Barbeito. 44 Eva Cordal.

Abril de 2003.
45 Nancy Verde. 46 Alicia Diéguez.

Maio de 2005.
47 Viviana Rivera.

Decembro de 2008.
48 José Luis Mañana.

Xuño de 2009.
49 Elisa Vázquez.

Xaneiro de 2016.
50. Berto Rovira.

Febreiro de 2017.
51. Alejandro Alonso.