AUTOR DE CABECEIRA

Angelo T. Malone (1969, Boscotondo, Italia) pasou a súa infancia na Toscana. Ao finalizar o instituto matriculouse na Universidade de Milán para cursar estudos de periodismo. A súa tese foi un arduo traballo de investigación sobre a corrupción na política italiana. Despois de varios ensaios e centos de artigos comprometidos e comprometedores na prensa internacional (New York Times, Washintong Post, Le Monde, El Progreso, The Mirror, Expresso...), desapareceu dos medios e da vida social e cultural durante 5 anos, nos cales estivo infiltrado nunha familia da Camorra napolitana. Para levar a cabo a súa investigación casou coa filla dun influínte consigliere "Era moi fea e tiña halitosis, pero a reportaxe pagaba a pena" declarou Malone tempo despois. Ao final, dita reportaxe converteuse nunha trepidante triloxía que desvela os máis desgarradores detalles da vida camorrista. Despois da súa publicación, Malone estivo ameazado de morte e atentaron contra a súa vida en tres ocasións (resultando chosco nunha delas). Finalmente, decidiu acollerse ao programa de protección de testigos e trasladárono ao Levante español onde escribe comedias baixo o pseudónimo co que agora o coñecemos.